Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2018-2019.

Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso nestes servizos.

Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos neste curso 2017-2018.

O prazo de PREINSCRICIÓN E RENOVACIÓN estará aberto do 1 de MARZO ao 2 de ABRIL de 2018.

Os/as interesados en facer uso dos servizos complementarios do Concello de Ames o vindeiro curso escolar, poderán cumprimentar e imprimir as súas solicitudes a través desta páxina. Estas solicitudes deberán presentarse por rexistro, na oficina municipal do Milladoiro, no rexistro existente no Departamento de Educación en Bertamiráns, no Pazo da Peregrina, e no rexistro xeral do Concello; sen prexuízo do establecido no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os/as usuarios/as que non dispoñan das ferramentas necesarias, terán á súa disposición o persoal do Departamento de Educación, ben na oficina municipal do Milladoiro ou no Departamento de Educación en Bertamiráns, para realizar este trámite por vostede, para o que deberán solicitar unha cita ao teléfono 981 884 991.

IMPORTANTE: as preinscricións de comedor deberan vir acompañadas do formulario de baremación e de toda a documentación necesaria para proceder a valoracion da solicitude de praza.

Servizos complementarios

Os servizos complementarios educativos do Concello de Ames son proxectos municipais que teñen dous obxectivos principais: axudar á cidadanía a conciliar a vida laboral e familiar e contribuír á educación en valores dos/as menores (hábitos saudables, tolerancia, convivencia…).

A atención dos nenos e nenas e a posta en marcha das actividades lévase a cabo mediante as empresas adxudicatarias da monitoraxe dos respectivos servizos.

Estes servizos ofértanse nas instalacións dos cinco centros de educación infantil e primaria públicos de Ames: CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEIP de Barouta, CEP de Ventín e EEI do Milladoiro.

Para máis información destes servizos consulte os seus regulamentos de funcionamento e a ordenanza fiscal no enlace: "Ordenanzas e regulamentos"

Bos días Cole

O servizo Bos Días Cole, dirixido aos máis madrugadores, está pensado para a atención dos nenos e nenas antes do inicio da xornada lectiva, a partir das 7:30 horas ata a hora de entrada nas aulas. O/a usuario/a poderá escoller entre as dúas modalidades do servizo: "con almorzo" ou "sen almorzo".

Rede Municipal de Comedores Escolares

A Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames é un proxecto no que o Concello asumiu, ademais da xestión, a elaboración da comida con persoal municipal, deste xeito garántese a calidade e o equilibrio nutricional dos menús e pódense integrar a todos os nenos e nenas con necesidades específicas en condicións de seguridade.

Tardes Divertidas

Trátase dunha oferta educativa e de ocio para permitir que os pais e nais concilien a súa vida laboral durante a tarde, unha vez rematado o servizo de comedor e ata as 21:00h. Estes usuarios poden escoller entre as modalidades: "con merenda" ou "sen merenda".

Información

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2018-2019 desde o 01 de marzo ata o 31 de marzo de 2018.