Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios

Cálculo de Cotas - Servizos Complementarios 2018/2019

O importe resultante do cálculo das cotas é meramente informativo, xa que depende da veracidade dos datos introducidos.
 

Información sobre os cadros do simulador

Base impoñible xeral

Deberá introducir a suma do importe do cadro de cada declaración de IRPF 2017 presentada pola unidade familiar.

Base impoñible do aforro

Deberá introducir a suma do importe do cadro de cada declaración de IRPF 2017 presentada pola unidade familiar.

Outros ingresos

No caso de non presentar declaración no exercicio, deberá introducir a suma dos ingresos brutos obtidos pola unidade familiar durante o exercicio.

Gastos deducibles

No caso de non presentar declaración no exercicio, deberá introducir a suma dos gastos deducibles de rendementos do traballo (cotas seguridade social) do exercicio.

Ingresos non contributivos

Deberá introducir a suma dos ingresos non contributivos obtidos pola unidade familiar durante o exercicio 2017 (pensión alimentaria, pensión compensatoria, etc.)

Unidade Familiar

  • a) Os pais non separados legalmente, e no seu caso, o titor/a ou persoa encargada da garda e protección do menor.
  • b) Os fillos/as menores de idade, con excepción dos/as emancipados/as.
  • c) Os fillos/as maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados/as xudicialmente, suxeitos/as á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • d) Os/as fillos/as, maiores de idade e menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior ao inicio do curso académico no que solicite o servizo, sempre que non tiveran un contrato de traballo ou perciban recursos (agás bolsas), durante o ano inmediato anterior ao inicio do curso académico. Considerarase que teñen contrato, se os seus ingresos acadan o 100% do IPREM anual (con pagas extras) fixado para o exercicio que se estea a valorar.
  • e) Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e reúnan os requisitos do apartado anterior.
  • f) No caso de separación, divorcio ou ruptura do vínculo non matrimonial, non se considerará membro da unidade familiar aquel cónxuxe que non conviva co/a solicitante. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa vinculada afectivamente ao pai/nai e que si conviva co/a solicitante.
  • g) Para efectos de cálculo da RPC, será considerado membro da unidade familiar o/a fillo/a que pese a non convivir na unidade, reciban pensión alimentaria do pai/nai. Para isto deberá achegarse a sentenza onde se regule a pensión, así como xustificación documental do cumprimento desta.
  • g) O(s)/a(s) fillo(s)/a(s) do pai/nai, titor/a ou parella dos mesmos que pese a non convivir na unidade, perciban pensión alimenticia por parte destes.
  • h) En caso de existir unha orde de afastamento, presumirase que a persoa á que esta se refire non forma parte da unidade familiar. A demanda de incumprimento das obrigas de pago contidas nun convenio regulador de medidas paterno filiais poderá ser substituído por un informe dos servizos sociais acreditativo dunha situación de violencia de xénero.
  • i) O/a proxenitor/a non custodio que formule unha solicitude deberá acreditar a continuidade da situación de separación. A situación de cada unidade familiar será valorada de xeito diferenciado unicamente en caso de que a solicitude responda a unha estancia temporal do fillo/a motivada por un período de vacacións ou similar. En caso contrario considerarase que o/a solicitante volve a formar parte da unidade familiar.
  • j) Os/as nenos/as en réxime de acollemento non computarán como membros da unidade familiar ate que proceda valorar a capacidade económica en base á renda percibida no ano en que se producira o acollemento.

Información

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2018-2019 desde o 01 de marzo ata o 31 de marzo de 2018.