Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios

Recollida dos nenos/as de comedor

  • Os pais/nais/titores terán que escoller o horario de recollida dos seus fillos conforme os horarios que se reflicten para este servizo neste documento.
  • Estes horarios establécense ca finalidade de que os grupos burbulla non se mesturen entre si, motivo polo que se deberá acoller a un dos horarios de recollida dos que hai estipulado para cada curso concreto.
  • A partires do mes de outubro dáse a posibilidade de que dentro dos horarios de recollida existentes para un curso concreto se poidan facer cambios, pero só dentro deses horarios. Non se poderán solicitar horarios que non pertenzan a un determinado curso. Poderanse, incluso, escoller dentro dos horarios existentes un distinto segundo o dí­a da semana de que se trate.
  • Os cambios nos horarios de recollida terán como únicos requisitos de que sexan dentro dos horarios existentes para cada curso, se fagan ca antelación suficiente a través da da web www.conciliames.gal premendo no botón "cambio horario de recollida en comedor" e non afecten a organización do servizo, motivo polo que deberán ser comunicados sempre telefonicamente á coordinadora do servizo.

Teléfonos coordinadoras servizo de comedor:

CEP Ventín: 669 984 390

EEI Milladoiro: 608 234 374

CEIP Barouta e EEI Covas: 639 263 693

CEIP Maía: 628 352 877

CEIP Agro do Muiño e EEI A Igrexa: 686 527 458


Pregamos a máxima puntualidade na hora de recollida elexida.


Para modificar o horario de recollida dos nenos e nenas no servizo de Comedor Escolar, debe solicitalo premendo no enlace correspondente ao colexio.

Información

O Concello de Ames abre o proceso de matrícula dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2020-2021. dende o 17 de AGOSTO ao 25 de OUTUBRO de 2020.