Solicitude de prazas para as Escolas Infantís Municipais

Escolas infantís municipais

Tes a túa disposición a documentación para realizar a matrícula nas escolas infantís municipais de Ames.

Recorda seleccionar a documentación da escola onde realizaches a solicitude de praza e cubrir a documentación.

 

Escola Infantil Municipal A Madalena: Documentación e impresos para formalizar a matrícula

No apartado de documentación tes á túa disposición a documentación necesaria para realizar a matrícula na Escola Infantil Municipal de Ames (Escola Infantil Municipal A Madalena) para o curso 2021-2022.

A documentación pode presentarse tanto presencialmente na escola infantil municipal en horario de 9:00 a 14:00 h. previa cita, como a través da sede electrónica do Concello de Ames.

RECORDA:

Lee atentamente a documentación que está adxunta no apartado de Documentación, onde se recollen a información sobre o proceso de adaptación á escola, normas de funcionamento e comunicación, etc.

Cubre os impresos que veñen unidos á documentación (teléfonos de contacto, orde de domiciliación, autorización de recollida dos nenos e nenas, protocolos de actuacións, etc.)

Recorda que xunto cos impresos asinados terás que entregar:

  • 6 fotos (tamaño carné).
  • Fotocopia tarxeta sanitaria do neno ou nena.
  • Fotocopia do libro de vacinas.
  • Informe médico.
  • Copia da Declaración da Renda do ano 2020 do pai e nai (se non están obrigados presentarase certificado expedido por Facenda dos datos existentes).
  • A impresión dos documentos adxuntos deberá ser a unha soa cara.

Descargar Documentación Matrícula Escola Infantil Magdalena

Escola Infantil Municipal O Bosque: documentación e impresos para formalizar a matrícula

A continuación, tes á túa disposición a documentación necesaria para realizar a matrícula na Escola Infantil Municipal de Ames (Escola Infantil Municipal A Madalena) para o curso 2021-2022.

A documentación pode presentarse tanto presencialmente na escola infantil municipal en horario de 9:00 a 14:00 h. previa cita, como a través da sede electrónica do Concello de Ames

RECORDA:

Lee atentamente a documentación que está adxunta neste apartado, onde se recollen a información sobre o proceso de adaptación á escola, normas de funcionamento e comunicación, etc.

Cubre os impresos que veñen unidos á documentación (teléfonos de contacto, orde de domiciliación, autorización de recollida dos nenos e nenas, protocolos de actuacións, etc.)

Recorda que xunto cos impresos asinados terás que entregar:

  • 6 fotos (tamaño carné).
  • Fotocopia tarxeta sanitaria do neno ou nena.
  • Fotocopia do libro de vacinas.
  • Informe médico.
  • Copia da Declaración da Renda do ano 2020 do pai e nai (se non están obrigados presentarase certificado expedido por Facenda dos datos existentes).
  • A impresión dos documentos adxuntos deberá ser a unha soa cara.

Descargar Documentación Matrícula Escola Infantil O Bosque

Dirixido a:
Nenos e nenas de entre 0 e 3 anos
Ano:
2021
Share

Requisitos

HORARIOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

Para calquera trámite será preciso solicitar cita previa:

  • A Madalena: 981 538 433 / eiamadalena@concellodeames.gal
  • O Bosque: 682 497 369 / eibertamirans@concellodeames.gal
  • Cumprirase estritamente o horario de cada cita.
  • As citas serán individuais, non podendo vir en ningún caso acompañados.
  • Deberase vir provisto de máscara e gardaranse as distancias de seguridade.
  • Esperarase fóra ata que o persoal da escola lle facilite a entrada.
  • Traerase toda a documentación cuberta.
  • Non se facilitará ningún obxecto de escritura

CANDO PODO FACER A MATRÍCULA

As listas provisionais publicaranse na web do Concello de Ames e nas propias escolas infantís municipais e o prazo de matrícula extenderase desde o día 1 ao 15 de Xuño.

Solicitude, preinscrición e matrícula

PREVIAMENTE Á REALIZACIÓN DA MATRÍCULA OS USUARIOS INTERESADOS TIVERON QUE REALIZAR A SOLICITUDE DE PRAZAS COA SEGUINTE DOCUMENTACIÓN

Escola Infantil Municipal A Madalena
 

A continuación, tes á túa disposición a documentación necesaria para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Ames (Escola Infantil Municipal A Madalena) para o curso 2021-2022.

O prazo de solicitude estará en vigor entre o 1 de Abril ata o 15 de Abril de 2021, ambos incluídos.

A documentación pode presentarse tanto presencialmente na escola infantil municipal en horario de 9:00 a 14:00 h. previa cita, como a través da sede electrónica do Concello de Ames.

CALES SON OS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Documento con criterios de baremación na anualidade 2021

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR PARA REALIZAR A SOLICITUDE

A documentación a presentar é específica para cada unha das Escolas podendo presentar dúas instancias diferenciadas.

É moi importante cubrir todos os impresos e asinalos.

1. SOLICITUDE XERAL

Solicitude xeral para a Escola Infantil Municipal A Madalena (descargar impreso).

2. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN FAMILIAR

  • 1 fotocopia do DNI dos pais.
  • 1 copia autenticada do libro de familia completo.

No caso de ser familia monoparental presentarase sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno filiais.

  • 1 copia autenticada do libro de familia numerosa se é o caso.
  • 1 copia do certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do pai/nai/titor legal ou outros membros da unidade familiar.
  • Certificado de empadroamento e convivencia (serán solicitados de oficio polo persoal da escola unha vez entregada a solicitude) (Instancia_certificados).

3. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN LABORAL

3.1. Xustificación de ocupación actualizada

  • 1 fotocopia da última nómina (para traballadores por conta allea).
  • No caso de baixa de maternidade entregarase fotocopia da última nómina de alta e da baixa de maternidade.
  • 1 fotocopia do último recibo de pagamento da cota á seguridade social (traballadores autónomos).
  • 1 fotocopia do último recibo de pagamento de cota da correspondente mutualidade (traballadores por conta propia).
  • No caso de estar realizando estudos oficiais presentar certificado que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.

3.2. Xustificación de desemprego actualizada

  • Certificación de ser demandante de emprego no que se especifiquen as altas e baixas (con efectos do día anterior ao 1 de Abril do ano para o que se solicita).
  • Certificado do INEM que acredite se recibe algún tipo de prestación (revisable cada 3 meses).
  • Declaración responsable de ser demandante de emprego (Declaración_responsable_demandante_emprego).

4. XUSTIFICACIÓN DE SITUACIÓN ECONÓMICA

5. OUTRA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.

As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)

Escola Infantil Municipal O Bosque


A continuación, tes á túa disposición a documentación necesaria para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Ames (Escola Infantil Municipal O Bosque) para o curso 2021-2022.

A documentación pode presentarse tanto presencialmente en cada unha das escolas infantís municipais en horario de 9:00 a 14:00 h. previa cita, como a través da sede electrónica do Concello de Ames .

CALES SON OS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Documento con criterios de baremación na anualidade 2021 

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR PARA REALIZAR A SOLICITUDE

A documentación a presentar é específica para cada unha das Escolas podendo presentar dúas instancias diferenciadas. É moi importante cubrir todos os impresos e asinalos.

1. SOLICITUDE XERAL

Solicitude xeral para a Escola Infantil Municipal O Bosque (descargar impreso).

2. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN FAMILIAR

  • 1 fotocopia do DNI dos pais.
  • 1 copia autenticada do libro de familia completo.

No caso de ser familia monoparental presentarase sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno filiais.

  • 1 copia autenticada do libro de familia numerosa se é o caso.
  • 1 copia do certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do pai/nai/titor legal ou outros membros da unidade familiar.
  • Certificado de empadroamento e convivencia (serán solicitados de oficio polo persoal da escola unha vez entregada a solicitude) (Instancia_certificados).

3. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN LABORAL

3.1. Xustificación de ocupación actualizada

  • 1 fotocopia da última nómina (para traballadores por conta allea).
  • No caso de baixa de maternidade entregarase fotocopia da última nómina de alta e da baixa de maternidade.
  • 1 fotocopia do último recibo de pagamento da cota á seguridade social (traballadores autónomos).
  • 1 fotocopia do último recibo de pagamento de cota da correspondente mutualidade (traballadores por conta propia).

No caso de estar realizando estudos oficiais presentar certificado que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.

3.2. Xustificación de desemprego actualizada

 

  • Certificación de ser demandante de emprego no que se especifiquen as altas e baixas (con efectos do día anterior ao 1 de Abril do ano para o que se solicita).
  • Certificado do INEM que acredite se recibe algún tipo de prestación (revisable cada 3 meses) .
  • Declaración responsable de ser demandante de emprego (Declaración_responsable_demandante_emprego).

4. XUSTIFICACIÓN DE SITUACIÓN ECONÓMICA

  • Autorización asinada para a consulta dos datos tributarios que figuran en poder da Axencia Estatal de Administración Tributaria (Autorización_consulta_datos_Facenda_ModeloOBosque ).
  • Fotocopia auténtica da renda de integración social de Galicia (RISGA)

5. OUTRA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.

As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)

* Art. 9.5 RRI.- Calquera indicio de cambio non declarado, de distorsión ou de falseamento da situación socio-familiar, da situación laboral-familiar ou da situación económica reflectidas na solicitude poderá dar lugar a que se inicie de oficio unha investigación para a comprobación dos referidos datos. Para a apertura deste expediente nomearase un instrutor/a que será o/a concelleiro/a de Educación, un secretario/a que será o/a secretario/a do Concello ou funcionario/a en quen delegue. A secretaria elaborará un informe que poñerá en coñecemento da comisión de baremación.